Enquisa datos curiosos López Orozco
- Definete en 3 palabras: Enamorado de Lugo
- Que tipo de persoas te “sacan de quicio”: As persoas sen ambición.
- 3 mellores cualidades: Traballador, leal e amigo dos meus amigos
- 3 defectos: traballador, traballador e máis traballador
- Se tiveses que compararte cun animal, ¿cal sería?: Un Oso
- ¿Que aprendiche dos erros?: Que non hai que volver a cometelos.
- ¿Acabas o que empezas?: Sempre aínda que leve tempo
- ¿Se lle preguntamos aos lucenses, que pensas que nos dirían de como eres ti?: Que quero ás persoas de Lugo
- ¿Considéraste un lider ou un seguidor?: As dúas cousas.
- ¿Cal foi a decisión máis dura que tiveche que aceptar no pasado?: A morte dos que están preto de un.
- ¿Que valoras máis no traballo?: O traballo en equipo e a lealtade.
- ¿Que fas no teu tempo libre?: ¿Pero eu teño de eso?
- ¿Cales son as túas aficións?: Pasear, a música e a fotografía.
- Unha película: “La ley del silencio”
- ¿Cal foi a última que viche?: “Espartaco” na televisión.
- Un libro: A “Política” escrita por Aristóteles.
- ¿Cal é o que estas lendo?: “El espejo del tiempo: la historia y el arte de España” de Juan Pablo Fussi e Francisco Calvo Serraller
- Un personaxe histórico: Jesucristo e Pablo Iglesias
- Un invento que che gustaría crear: Unha máquina que cambie a resignación por ilusión.
- Un debuxo animado: Capitán Trueno.
- Color favorito: Azul
- Unha comida: Paella e lacón con grelos.
- Define Lugo: A cidade ideal para vivir.
- ¿Durmes ben?: O suficiente.
- ¿Sabes contar chistes?: Por suposto
- Cóntanos un chiste: Está Jaimito en clase y se cae la profesora. Entonces los alumnos se ríen a carcajadas. La profesora se enfada y le pregunta a Pedrito:
- ¿Por que te ríes Pedrito?
- Porque le vi los tobillos.
Entonces la profesora le dice que eso está muy mal y que no lo vuelva a hacer. Luego le pregunta a Luisito:
- ¿Y tú porque te ríes?
- Porque le ví los muslos señorita.
La profesora se enfada y lo expulsa de clase tres días porque eso está mal. Entonces se levanta Jaimito y le dice:
- Hasta el año que viene profe. - Un olor: O da terra mollada e o do mar.
- Unha canción: Yesterday dos Beatles
- Unha filosofía de vida: Traballar con e polos demais.
- Unha ideoloxía: O socialismo democrático.
- Unha lembranza: Cando naceron as miñas fillas.
- Un día feliz: O día que me casei.
- Un soño: Que mellore aínda máis a calidade de vida en Lugo.
- Un pesadelo: A burocracia innecesaria.
- Un inimigo: Creo que non teño.
- Un amigo: Moitos.
- Un amor: Un non, teño 3.
- Un número: 7
- Un nome: Don Jose sea Clemente (Puxéronmo un día os alumnos antes dun exame)





