Estas foron unhas datas moi intensas nas que fixen un gran esforzo por non desatender as miñas obrigas na rede, por iso, quero darvos as gracias por seguir aí.
Gracias tamén a todos os veciños e veciñas que fixeron das eleccións unha gran festa democrática con alta participación e, especialmente, a todos aqueles que apoiaron as propostas do equipo que lidero. Un proxecto de traballo que está repleto de novas ideas para que Lugo gañe e siga medrando, son ideas feitas dende a ilusión e as gañas de avanzar nesa calidade de vida que queremos para os lucenses. Moitas gracias por recoñecer o traballo realizado e por apostar por todo o que nos queda por facer.
Agora comeza un periodo de reflexión, de negociación para formar goberno, e seguirei mantendo o compormiso que asumín con todos vós. Sempre dixen, non é unha frase nova en min, que aquel que non saiba pactar, que non saiba chegar a acordos en política, debe retirarse. Os lucenses o 22 de maio falaron e dixeron que non querían maiorías absolutas en Lugo, dixeron que querían que os grupos con representación municipal se entendesen. Así o faremos, tendo como único obxectivo que a cidade de Lugo siga avanzando. Está claro que isto non se para.
Foto que acompaña el texto | Óscar Cela para La Voz de Galicia





Eu encontrome fora da provincia, pero gustaríame saber se ides ou non pactar co BNG, Gracias
Moitas grazas a vostede por continuar mellorando Lugo! Seguro que de aquí a dentro de catro anos Lugo xa non será o mesmo, será moito mellor!
Sr. Alcalde, día a día somos moitos os cidadáns que imos andar pola muralla, temos que ir con linterna para non tropezar e caer xa que a iluminación é inexistente. Hasta cando? Imos pasar así todo o inverno?
Invitámolo calquera día da semana, entre as 20,00 e as 22,30 horas, a dar unha volta pola muralla.
Un saudo
Es verdad que Lugo mejorò mucho, pero agradeceria al Sr.Alcalde, se diese un paseo los
dias de lluvia por la Avd. dela Coruña y Julia Minguillon para que comprobase que no se pue
de caminar por estas calles por culpa del estado en que se encuentran los canalones de la mayoria de los edificios de estas calles.En mi comunidad, hubo que arreglarlos ¿porque no entodos los edificios?Es una verguenza como nos ponemos los vecinos de estas calles.Soy votante del PSOE y espero que el Sr Alcalde tome las medidas oportunas.