Loco por Lugo

Ante a necesidade de proclamar o meu amor por Lugo, aproveito este día tan sinalado, o día dos Namorados, para escribirlle unha carta de amor a cidade pola que me desvivo e a que quero con locura. Lugo QUÉROTE e por ti traballo, desvívome e preocúpome pero tamén desfruto polas túas rúas e coa túa xente.

Meu amor:

Confeso que cando era máis novo escribín cartas de amor. Cartas que se agora tivese que volver ler igual me facían poñerme colorado. Unha carta de amor é unha cousa de dous.

Esta que agora comezo é tamén unha carta de amor. Un amor loco, como son todos os amores de verdade. Os que importan. Os que cambian a vida da xente.

Eu, Lugo querido, necesito dicir que TE QUERO. Podo dicircho baixiño, ou podo subir á Muralla e berralo con forza. Quérote polo norte, sur, leste e oeste. Quérote. Quérote

Quérote cando te vexo ao lonxe, cando paseo polas túas rúas e parroquias. Quérote nova e bimilenaria, de día e de noite, tranquila e activa, traballadora e estudosa. Quérote cando me din que es a mellor e tamén cando me din que non es perfecta.

E por iso, vivo cun sorriso cada momento, cada minuto que penso en tí, cada hora de traballo por tí, cada encontro cos veciños.

Cada vez que me reúno con alguén que ten un proxecto que te fai feliz, eu son feliz. Que é o amor senón compartir con quen amas o bo e o malo?

Ademais, sinto que este amor vai medrando, cada día esperto coa ilusión de facer cousas novas xuntos. Proxectos que te farán unha cidade mellor para vivir e que fará máis feliz á xente que vive contigo.

Non che vou dicir que son o mellor amor, o mellor amigo. Es tí quen debe decidilo. Só podo asegurarche que te amo con locura, que che prometo esforzo diario, constancia, entrega, e quererte, QUERERTE con maiúsculas, cada día un pouco máis… se é que iso é posible.

José López Orozco

Se coma min, estás loc@ pola túa cidade, anímote a que inclúas algunha destas imaxes no teu perfil e axiña seremos centos de lucenses namorados.

Esta entrada foi publicada en Sociedade, Videoposts. Garda o enlace permanente.

13 respostas a Loco por Lugo

  1. Rosa di:

    Yo también estoy LOCA POR LUGO!!!! Gracias Orozco por ser como eres!!!

  2. Carla di:

    As posibilidades de Lugo son moitas e todos nos debemos querer a esta cidade.

  3. María Martín di:

    Según el dicho popular ¡hay amores que matan! y este, está claro, debe ser uno de ellos. Nuestro “queridísimo” alcalde proclama su amor por Lugo de forma grandilocuente, con grandes palabras no exentas de cursilería, muy en su línea. Pero otro de nuestros populares refranes dice” Hechos son amores, no grandes intenciones” . De las intenciones del Sr. Orozco no voy a dudar porque eso pertenece a su esfera íntima, pero de los hechos………… ¿es cuidar Lugo los atentados al patrimonio de todos los lugueses que se están llevando a cabo durante el mandato de nuestro enamorado alcalde? No voy a hacer ninguna relación exhaustiva de las “desfeitas” llevadas a cabo, todos las conocemos, pero SR. Orozco deje ya la cháchara inútil y ¡ de verdad! defienda Lugo.

  4. Teresa di:

    Desde luego, a este alcalde no se le puede achacar nada en téminos culturales y arqueológicos. Desde que es alcalde, la muralla es patrimonio de la humanidad, se abrieron numerosos museos y se descubrieron nuevos restos. No creo que sea tan malo. Lugo no parece el mismo que hace años. Gracias a el se dinamizó la ciudad.

  5. PP di:

    Parece que o PP entrou de cheo nas novas tecnoloxías!!! Pensan tocar tamén as narices neste blog? Esto vai por María Martín!!! Que parece que non vive en Lugo e XA ESTÁ BEN DE TANTA MENTIRA PEPERA: a mellora dos barrios, o aumento dos centros sociais, a posta en marcha de servizos como axuda no fogar, comida a domicilio, a construción de naves para asocacións (e deso eu entendo, que estiven nunha asociación na que tiñamos un local no que chovía), o paseo do rato, do Miño, a nova ponte, a intermodal, as escolas infantís, o MIHL, a sede da policía, o saneamento, a potabilizadora, os arranxos de pistas, as escolas rurais transformadas en centros sociais, a limpeza das rúas, os novos parques inafntis, o centro de empresas, a casa da música, a casa do deporte, os campos de futbol, os arranxos nas pistas de tenis, a ampliación da piscina, o campo de beisbol, as casas das línguas…Quedo sen aire de tanto como traballou este alcalde ao que Lugo lle deberá sempre o seu paso cara a modernización

  6. Mario di:

    Completamente de acuerdo! A veces se nos olvida la cantidad de cosas que se han hecho en Lugo y lo que ha cambiado esta ciudad! Alcalde, es normal que esté enamorado de Lugo, usted pasa aquí todo el tiempo, mientras otros se forran en el Parlamento por votar en contra de la ciudad (ver Voz de Galicia martes 14 de diciembre del 2010 “El PP rechaza transformar el Xeral en una residencia para mayores”) Esta es la apuesta del PP por la ciudad. Usted está loco de amor por Lugo y el PP está loco por forrarse a costa de esta ciudad.

  7. José Juis di:

    Es difícil saber hasta donde pueden llegar los políticos en sus pre o campañas electorales y es fácil imaginar el concepto que estos señores tienen de los electores para maquinar la cantidad de chorradas con las que nos obsequian, creo, que en demasiadas ocasiones.

  8. Teresa di:

    Criticar por criticar, eso es lo que hace mucha gente. Si los políticos hacen una cosa, se critica, si no la hacen, se les vuelve a criticar. Basta ya!! y valoremos a nuestros gobernantes por lo que hacen y han hecho a lo largo de tantos años de trabajo (como en este caso). Jose Luis, lo de Loco por Lugo, dices que es una chorrada pero eso es porque te paraste a leer la carta de amor y las pegatinas por lo tanto, en algún momento, por muy pequeño que fuese, se paraste a verlo. Yo tambien estoy Loca por Lugo!

  9. Sabela di:

    Pois a min paréceme unha iniciativa xenial!! e non creo que esté tan mal, hoxe xa vin coches que levaban a pegatina!! Esperemos que Lugo se convirta nunha marea de corazóns vermellos locos de amor por Lugo.

  10. Pedro di:

    Non hai mellor maneira de demostrar o amor por unha cidade!!!Un saúdo

  11. Mateo di:

    A min non me gusta moito a campaña pero creo que é unha boa maneira de que a xente se involucre por Lugo, pero de todas maneiras penso que se debería promocionar turisticamente a cidade, pero entre os propios veciños de Lugo. Un saúdo

  12. Vigo di:

    Yo soy de Vigo, y la verdad es que cuando vengo a Lugo, me alegro por como mejora con el tiempo. La verdad es que la ciudad hace años no parece la misma de hoy. Quizá le falta más publicidad dentro de Galicia y todas las cosas que se pueden descubrir en esta ciudad. Un saludo para todos los lucenses.

  13. Rosendo di:

    Eu tamén estou tolo por Lugo, esa cidade tan fermosa de Galicia!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>