Benvidos ao meu vídeoblog

Realizo este “blog”, eu traduciría esa verba por “pequeno caderno de bitácora”, no que, coa máxima frecuencia, tento relatar feitos e ideas, fóra do que é o meu traballo diario como Alcalde. É verdade que esa vida profesional, que é a que vivo a diario, vai “contaminar” (influir, marcar…) moito esas ideas, feitos e pensamentos. Gustaríame contar coa complicidade dos “internautas” que o desexen no sentido que estimen oportuno. Só o mutuo respecto e os principios constitucionais marcan os límites. Bon viaje.

Esta entrada foi publicada en General. Garda o enlace permanente.

Unha resposta a Benvidos ao meu vídeoblog

  1. Fran Gómez di:

    Un Cubo de pintura

    ¿Canto custa un cubo de pintura, ou tal vez dous?, cando teña que facer uso del sabereino, pero penso que non pode ser máis ca dez euros, é fácil sabelo, hai tendas de pintura en Lugo dabondo onde poden dicirmo
    O difícil o mellor é poñerse dacordo ca cor que se vai a usar, iso si que debe de ser ben díficil, comento esto máis que nada porque a xente que ten a potestade de pintar esas casiñas que están pegadas á muralla pola zona da mosqueira deben de seguir discutindo polo color con que tapar os grafitis de catro monas, pero e que hai algún grafiti insultante dirixido a un tal Pedro para que non venda droga, que debe de levar ahí uns dez anos, creo que ese tal Pedro do Grafiti da casa da Mosquera, xa o detiveron, cumpliú condena e xa é un home integrado na sociedade, nestes dez anos seguro, o que sigue ahí sen limpar é o citado grafiti, pobre Pedro, esto non se fai oh.
    pero Pedro seguro que comprende varias cousas
    1- Que o que hai na muralla non se toca (por se a UNESCO),
    2- Con tanto Lugo10 esta xente esquezeuse de pequenos detalles sen importancia, e pintar catro brochazos nas casas pegadas a muralla os grafitis, son pecata minuta
    3-Os da pintura son os da Xunta, non home non, son os do concello, que non que son os da Xunta, que non carallo que eso é do concello, e así levamos 10 anos e o pobre vendedor do cubo de pintura xa aburrido e sen vender.
    4-ainda están decidindo a cor, e que estos encargados de pintar son moi “miñaxoia” e non lles vale calquera cor “oyes que no quiero tu verde fucsia, que a mi me gusta para esa pared un rosa ocre del Páramo leonés”.
    E Pedro, ese bo home que lle grafitearon que non vendera droga na parede dunha casa pegada a muralla, cada vez que pasa a dar unha volta polo adarve, ponse triste e seguro que pensará.

    “eche ben caro un cubo de Pintura en Lugo”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>