
Quero desexarvos un Bo Nadal en compaña da vosa familia e seres máis queridos. Unha forte aperta. JLO.

Quero desexarvos un Bo Nadal en compaña da vosa familia e seres máis queridos. Unha forte aperta. JLO.

En Asunción e grazas a internet non perdo detalle do que pasa en Lugo… a festa dos maiores e do veciño, as tapas e sobre todo o San Froilán!!
Podedes consultar máis info da miña intervención no VI Foro Iberoamericano de Gobernos Locais que se celebra estes días en Paraguay e tedes máis fotos, no meu Flickr. (Na foto de portada estou Xunto ó embaixador de Paraguay, Juan Fdez. Trigo.)

Din que na rede non hai nada mellor que falar de ti a ti cos outros usuarios, sincerándose, sen ninguén no medio…, por iso antes que nada, queridos lectores, gustaríame disculparme con todos vós por este pequeno retiro dixital.
Confeso que o recente e intenso proceso electoral deixoume tan esgotado que durante algunhas semanas puxen en “stand-by” os principaies espazos que manteño na rede, como este blog, o meu perfil en Facebook ou a miña conta en Twitter.
Unha vez cargadas as pilas chega o momento de continuar participando desta grande tela de araña da cal me sinto partícipe dende fai moito tiempo. Afronto con ilusión todos os novos retos que plantexan as novas tecnoloxías, aprendo día a día do coñecemento que compartides a través da rede e sobre todo, aposto firmemente por este novo medio que nos permite a todos expresarnos con liberdade e avanzar socialmente.
Pouco a pouco, e nos ocos que teña, contestarei cada unha das mensaxes pendentes durante este tempo. Moitas gracias por seguir ahí
Estas foron unhas datas moi intensas nas que fixen un gran esforzo por non desatender as miñas obrigas na rede, por iso, quero darvos as gracias por seguir aí.
Gracias tamén a todos os veciños e veciñas que fixeron das eleccións unha gran festa democrática con alta participación e, especialmente, a todos aqueles que apoiaron as propostas do equipo que lidero. Un proxecto de traballo que está repleto de novas ideas para que Lugo gañe e siga medrando, son ideas feitas dende a ilusión e as gañas de avanzar nesa calidade de vida que queremos para os lucenses. Moitas gracias por recoñecer o traballo realizado e por apostar por todo o que nos queda por facer.
Agora comeza un periodo de reflexión, de negociación para formar goberno, e seguirei mantendo o compormiso que asumín con todos vós. Sempre dixen, non é unha frase nova en min, que aquel que non saiba pactar, que non saiba chegar a acordos en política, debe retirarse. Os lucenses o 22 de maio falaron e dixeron que non querían maiorías absolutas en Lugo, dixeron que querían que os grupos con representación municipal se entendesen. Así o faremos, tendo como único obxectivo que a cidade de Lugo siga avanzando. Está claro que isto non se para.
Foto que acompaña el texto | Óscar Cela para La Voz de Galicia

A viñeta do ínclito debuxante “El roto” publicada hoxe en El País, o dí todo. Os votantes de dereitas o teñen claro o día das eleccións e acuden ás urnas case de forma robótica para “fichar”. Como xa comentei nas redes sociais, estamos a atravesar un momento delicado.
Creo que efectivamente hai políticos de que deben achegarse máis á xente e ós seus problemas reais. Eu tenteino, ó longo de toda a miña vida política, facer propostas constructivas e, sobre todo, non faltar ó respeto nunca ós meus adversarios políticos. Non entendo a política como un “e tí máis”, os cidadáns queremos propostas concretas a problemas reais, queremos que os nosos dirixentes den a cara e eu iso márcomo como máxima cada mañan. Eu entendo o meu traballo coma un servizo público e tento estar sempre á altura, á gran altura e categoría, que teñen os meus veciños e veciñas. Espero non ter defraudado, pero iso decídelo tí. Se non votas, outros votarán por tí.
O domingo pídoche que exerzas o teu dereito ó voto, ese que tanto esforzo nos costou e tamén che pido que o exerzas con responsabilidade. Un saúdo.
Por certo, esta tarde estarei no Gustavo Freire, a partir das 20.00. Invítovos a acudir ó gran acto de peche de campaña. Tras o mesmo compartiremos unha paella.